INFORMACIÓN ÓS PAIS/ NAIS DE EDUCACIÓN INFANTIL.
Estimados pais e nais:
Cremos que é importante que coñezades os datos que vos ofrecemos a continuación para crear unha boa colaboración entre a escola e a familia.
1- Cumpri-las normas de organización:
- O alumno debe asistir de forma regular a clase, tomando a puntualidade como un hábito.
- A entrada dos alumnos será de 9:00 a 9:15 pola porta de Infantil, despois desta hora deberán entrar pola porta principal do colexio para non interrumpi-lo desenvolvemento das clases.
- No caso de que o neno teña unha enfermidade contaxiosa non o traiades ó colexio.
- Os nenos deben vir á clase co uniforme, e co chándal o día de psicomotricidade. E obrigatorio o uso do mandilón na clase.
- Os mandilóns, abrigos, mochilas... que os nenos traian a clase deben levar o seu nome.
- As saídas do centro para levar a cabo actividades escolares faranse previa autorización dos pais, sen iso o neno non poderá saír do colexio.
2- A cada neno respectaráselle a idade e a maduración, creándolle un ritmo propio polo que nunca deberán compara-lo seu fillo cos outros que coñezan.
3. Comentar dun xeito positivo co neno a importancia da asistencia á clase
4. É conveniente que valoréde-los traballos dos voso fillo cando os leve para a casa, isto axudaralles a que sigan polo bo camiño.
5. Adicarlles tempo para falar sobre o que fan ó longo do día: clase, patios, actividades, ...
6. É preciso que os estimuledes para que participen na clase, ensinándolles contos, poesías..., para expoñer ós seus compañeiros e así desenvolverán a súa auteestima e colaboración co grupo.
7. Esixirlles unhas responsabilidades axeitadas. Axudarlle no que precisen, sen sobreprotexer. O mimo excesivo vaino perxudicarcando sexa maior.
8. Procurar que adquiran na casa os hábitos mínimos de convivencia: ir ó servicio, vestirse, orde e limpeza persoal... Isto proporcionaralles seguridade en si mesmos.
FAMILIA e ESCOLA deben colaborar para acadar un obxectivo común: que os nenos/as desenvolvan assúas posibilidades de maduración permitíndolles ser eles mesmos e ser felices.
Moitas grazas por entendelo.