NORMAS DO COLEXIO BOUZA BREY |
|
| NORMAS DE FUNCIONAMENTO DA BIBLIOTECA | |
| NORMAS DO TRANSPORTE ESCOLAR | |
| NORMAS DO COMEDOR ESCOLAR | |
NORMAS DE FUNCIONAMENTO DA BIBLIOTECA
A biblioteca, lugar de lectura e estudo, é un servizo ó que poden optar tódolos membros da comunidade educativa, de acordocoas seguintes normas:
1. Os alumnos contarán cun servizo de préstamo , facéndose responsableda súa devoluciónó seu prestatario, nun prazo máximo de 15 días naturais, renovable por outros 7.
2. Os documentos en soporte de vídeo , CD, casette e DVD non serán obxecto de préstamo. Así mesmo as enciclopedias só poderán consultarse na biblioteca. Para a consulta destas na aula, deberán te-lo permiso dun profesor, que será o responsable.
3. O prestatario que non reintegrase o documento obxecto de préstamo ou non o fixese en condicións axeitadas de conservación, estará obrigado a restituílo ou, en caso contrario, a pagar un importe enefectivo da cuantía do seu valor de mercado
4. O prestatario que non reintegrase o documento obxecto de préstamo no prazo indicado retiraráselle o carné durante un mes a primeira vez, dous á seguinte e así sucesivamente.
5. Na biblioteca, como lugar de estudo e traballo, debe gardarse silencio e non se pode comer nin beber nela.
6. Os libros colocados nos andeis non poden sermanipulados polos alumnos. Para iso cómpre solicita-la axuda do profesor encargado.
Os pais , como solicitantes, e os alumnos, como usuarios, deberán ter en conta as seguintes normas:
Todo cambio na parada habitual deberá ser solicitado e/ou autorizado por escrito. De non ser así non poderá efectuarse1. A puntualidade responsable dos pais na entrega e recollida dos nenos nas paradas sinaladas deberá ser observada coa máxima dilixencia.
2.Os alumnos deberán estar nas paradas cinco minutos antes.
3. As paradas axustaranse ás establecidas polo concello de Vigo.
4. O alumno usuario que non respecte as normas mínimas de orde, disciplina, respecto e convivencia será amonestado, pasándolles nota escrita ós pais. De reincidir podería ser excluido do servicio, previa audiencia dos pais.
5. Os alumnos non poderán erguerse dos asentos, comer, berrar nin tirar obxectos polas ventanillas.
O imcumprimento reiterado destas mínimas normas de comportamento conduciría á expulsión do alumno indisciplinado deste servizo.1. Tódolos alumnosusuarios do comedor deberán traer unha bolsiña cos utensilios necesarios para facer-la hixiene buco-dental ó remata-la comida .
2. É obrigatorio ouso domandilón para os alumnos de E. Infantil e 1º ciclo de E. Primaria.
3. Antes de entrar no comedor o alumno deberá lava-las mans, acudir antes das dúas e media e entrar ordenadamente acompañados dun profesor encargado..
4. Dentro do comedor o alumno non poderá erguerse da mesa ata que remate a hora de comedor, non pasea-lo prato, evitar berros, comer con corrección,procurar comer de todo e canto máis mellor e non poderá introducir comida nin bebida de fóra do colexio.