
O Colexio Bouza Brey é, e quere ser, ideoloxicamente pluralista, especialmente nas súas vertentes política e relixiosa. Isto é: respecto a tódalas ideoloxías e crenzas, intentar proporcionarlles ós nenos as informacións o máis obxectivamente posibles para que progresivamente forme os seus propios criterios utilizando a realidade e poida tomar decisións responsables. Os pais/nais poden e deben axuda-los seus fillos/fillas neste proceso, sobre todo a partires da súa propia vida e o diálogo con eles/elas.

Este centro pretende desenvolve-lo seu espíritu crítico, a capacidade de discusión, de decisión e a vontade colectiva de transformación da realidade social. Admite a diversidade de ritmos evolutivos e de capacidades intelectuais. Dará importancia tanto á relación educativa como a adquisición de técnicas e contidos básicos. Terá en conta o desenvolvemento psicolóxico na programación e os niveis. Considera que a orde e a disciplina son necesarios para a vida e o traballo dos escolares e non serán entendidos como consecuencia de coerción senón que estará baseado no respecto mutuo, no diálogo, na reflexión, na colaboración e na solidaridade. Baseamos a nosa actuación nos principios básicos da Escola Activa pola súa fundamentación na psicoloxía, bioloxía e socioloxía.
Este centro considera que é necesario que aprendan a vivir cos demais compañeiros/as sen ter en conta a capacidade, raza, sexo, relixión, ideoloxía, etc.... detestando de todo xeito o racismo. Interesarse pola información ética, moral e cívica baseado nos Dereitos Humanos. A educción e a convivencia desenvolverase no marco da tolerancia e o respecto á liberdade de cada cal.
Para acadar todos estes obxectivos o centro dispón das seguintes instalacións:
Tres aulas de educación infantil
Seis aulas de educación primaria
Catro aulas de educación secundaria
Laboratorios
Aula de gabinete psicopedagóxico
Aula de desdobre
Aula de música
Aula de plástica
Aula de informática
Aula de debuxo
Aula de audiovisuais
Aula de psicomotricidade
Aula de xestión /comedor
Aula taller
Ximnasio
Biblioteca
Catro laboratorios: física, química, ciencias naturais e idiomas
Sala de profesores
Secretaría
Despachos
Conserxería
Pista polideportiva
Zonas verdes e de esparcemento
Zona de aparcamento